Ano | 2005 |
---|---|
Produtora | Warner |
Lista de temas
Saudade
Os galegos gañaron a súa batalla pola identidade, case perdida na Galiza, na emigración e no exilio americano. Descubriron neste continente a súa identidade prohibida, negada, e paradoxas da vida, aqueles que a prohibían, que a negaban, perderon a súa ao chegaren a América, onde todos, pasaron a ser chamados «gallegos».
INTRODUCCIÓN
Os galegos gañaron a súa batalla pola identidade, case perdida na Galiza, na emigración e no exilio americano. Descubriron neste continente a súa identidade prohibida, negada, e paradoxas da vida, aqueles que a prohibían, que a negaban, perderon a súa ao chegaren a América, onde todos, pasaron a ser chamados «gallegos».
Aseguraba Unamuno que España non se podía entender sen América; eu engadiría, e América, podería entenderse sen España? Coido que si, aínda que tamén coido que Galiza e América non se poden entender unha sen a outra, e proba diso é o exemplo anterior no que séculos de colonización castelá só serviron para chamar ao resto dos españois polo que non eran: «gallegos».
Rosalía chamáballes a atención aos feros casteláns, que trataban aos galegos que ían á sega como negros. Como negros e negras marcharon os galegos/as por millóns a América. Como exiliados políticos e económicos. Pero ao bo dicir dun amante incondicional de Galiza como Alejo Carpentier, non é senón en América onde por vez primeira a palabra liberdade tomou entidade real, para deixar de ser unha entrada enciclopédica na Francia do racionalismo, atribuída á capacidade de facer algo e non a podelo facer, tal cal fixeron os americanos e os galegos en América.
A obra deste exilio é impagábel. Agasallaron a Galiza cuns sinais de identidade que non tiñan, unha bandeira e un himno saído do maxín dos galegos en La Habana, Río de La Plata e Caracas, símbolos que sabían que nunca verían nin escoitarían na súa propia terra. Porque nunca volverían nin vivos nin mortos todos eses milleiros de exiliados que levaban no fardel un fuxido político, un mozo prófugo da guerra de África, unha nai solteira, un desherdado, un pai de familia que deixaba atrás aos fillos, a muller… toda a súa vida.
Chegaban con fardeis baleiros de pesada carga para ir enchéndoos de bandeiras, de himnos, de clases nocturnas, de libros en galego, de música, de xornais na emigración que nunca terían soñado na súa propia terra.
Velaí a cita de Carpentier, a liberdade feita día a día. A obra dos nosos emigrantes mantense firme nos seus descendentes, que enchen a palabra liberdade dunha valoración positiva.
E Galiza vestiu o verde-oliva do Che nas selvas de Bolivia e na Serra Mestra. Tamén foi cholo peruano e tango riopratense. Galiza soubo, como ningún outro pobo da Península, saber o que era o danzón, a guaracha, o mambo, o punto e a chacarera.
Non é casualidade que este traballo, pioneiro, non teña outros precedentes no noso país. Esquecemos a débeda que temos con nós mesmos cada vez que vemos a bandeira azul e branca que veu de tan lonxe e o himno que lle serve de acubillo.
Tiven a sorte durante moitos anos de ser emigrante en América, continente-país no que sempre fun chamado «gallego». Descubrín a miña identidade, a miña lingua, os meus sinais de identidade. Fun valorado polos outros por iso, atopei un recoñecemento que nunca soñara e tamén me fixen fondamente americano, deses que procuran unha causa xusta pola que loitar, falar e amar, deses que entenden, como José Martí, que toda a gloria do mundo cabe nun gran de millo e que só a cultura nos fará libres.
Entendo este disco coma unha homenaxe aos milleiros de homes e mulleres do noso país que, pobres, analfabetos e nun réxime de semi-escravitude, nos agasallaron co máis importante que pode ter un ser humano: a súa identidade, a súa dignidade. Grazas a eles e grazas aos americanos que os acolleron, temos un país que comeza a florecer, para ser, martinianamente, máis culto e máis libre.
Xurxo Martínez Crespo
AGRADECEMENTOS
· En Venezuela: Irmandades galegas de Valencia e Caracas, Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Mario, Roberto.
· En Arxentina: Daniel Pazos, Gastón Lamas e familia, Eliseo Mauas, Leonardo G. Rodriguez, Roberto
Alvariño, Monica e Laura (Cie Pop-Rock), Adriana Varela, Gustavo Lichinchi, Eliseo Mauas.
· En Galiza: Xabier Cordal, Raquel Glez. Gamallo, Xurxo Martínez Crespo, Miro Casabella, Germán Ocaña, Fundación Paideia, Carlos Gil, Nani García, Miguel Cabana, Miguel Queijo, Luís Rodríguez «JR», Xácome Santos, Rubén Montes, Emilio Cao, Sergio Taboada, Anxo, Gabi, Xulio Cordeiro, Carlos Maceiras, Abel Veiga Copo e por suposto ás nosas familias e amigos.
· En Brasil: Cida Airam
· En Uruguay: Raquel, Susana e Rosario Cerqueiro, Daniel Stewart.
· En Cuba: Francisco Rosa e Sergio Delgado.
· En Portugal: Sonia Gaspar, Pedro Vicente e Tucanas.
· En Nova York: Paulino e xente de Círculo Español de Nueva York, Lila Downs, Betto e Sergi El Caiman.
· Outros: Paul Kentie and Tjitske Broersma (Holland), Mark Ringwood (UK), Eric Sterckx (Belgique), Kiko, Jean, Manuel, Alfonso y Javier (Warner), Peter Soldan, Olivier Gilson, Quatre, Enrique Magaz e a todas as
persoas que fixeron posíbel «Hai un Paraiso Tour 2004».
COLLABORADORES
Cida Airam (Brasil) – Voz (10)
Pablo Milanés (Cuba) – Voz (13)
Lila Downs (Mexico) – Voz (5)
Adriana Varela (Argentina) – Voz (3)
Emilio Cao (Galiza) – Arpa (12)
Grupo de cantareiras «Raigañas» de Cerqueda (Galiza) – Voces e pandeiretas (10)
Francisco Rosa (Cuba) – Tres (11)
Rubén Montes (Galiza) – Chekeré, bombo y pandero (2,4)
Nani Garcia (Galiza) – Teclados (8)
Farruco Sesto (Venezuela) – Recitado vocal (7)
Miguel Cabana e Miguel Queijo (Galiza) – Tambores batá (4,11)
Xurxo Lobato – Fotografía
As mesturas foron feitas nos estudos DADA de Bruxelas por Nicolas Noel entre os días 22 e 29 de Septembro sendo técnico de mastering David Minjaw.
A produción artística correu a cargo de Luar Na Lubre.
É una produción para Warner Music coordenada por Sergio Cruzado.