XV Aniversario

Luar Na Lubre presenta o seu novo disco «LO MEJOR DE LUAR NA LUBRE. XV ANIVERSARIO», un álbum moi especial no que o grupo de A Coruña quere celebrar os seus quince anos de carreira con un traballo repleto de sorpresas.

INTRODUCIÓN

O álbum «O Mellor de Luar Na Lubre: XV Aniversario» componse de 14 temas, incluindo tres novas composicións, versións en directo, novas mezclas, duetos, así como todos os seus grandes éxitos.

Consolidados como o grupo de folk mais importante do noso país, Luar Na Lubre tamén quixo neste novo traballo recuperar antigas composicións do grupo hoxe por hoxe difíciles de encontrar («O Berce Do Sol» e «Muñeira do Miño»), en novas versións gravadas en directo no teatro Rosalía de Castro de A Coruña o pasado 2000.

O novo disco inclue tamén 3 composicións inéditas. «Camariñas», «Grial» e «Terra», unha mostra das novas ideas musicais do grupo, que sempre mira con optimismo ó futuro.

O álbum completase con tres colaboracións de luxo.

Pablo Milanés interpreta un dueto con Rosa Cedrón de «Tu Gitana», un dos temas emblemáticos do grupo.

Ismael Serrano presta a súa inconfundible voz a «Chove En Santiago», a canción que definitivamente consagrou a Luar Na Lubre e se convirteu nun auténtico hit-folk.

Hevia, un dos instrumentistas máis sorprendentes surxidos no noso país nos últimos anos aporta a súa maxia en «Grial», un dos novos temas do disco.

Este ano o grupo vai a dar o gran salto internacional cunha extensa xira que vai a recorrer España, Francia, Bélxica, Holanda, Chequia, Eslovaquia, Venezuela, Arxentina, Italia, San Marino, Canada e EEUU. Desde Galicia á mundo.

COLABORADORES

JOHN PARSONS: Guitarra 1, 2, 3, 5, 6.
ALFONSO MORAN: Baixo, contrabaixo 2, 5.
ELIAS GARCIA: Bouzouki 2, 5, 6.
DANIEL CERQUEIRO: Guitarra 8.
FERNANDO VILLAR: Teclados 1, 2, 5, 6 e programacións 2, 5.
MARCOS REPRESAS: Clarinete 4, 12.
FALTRIQUEIRA: Coros 4.
PAULA OANES: Arpa 3.

AGRADECEMENTOS

Graciñas a todos os que colaboráchedes e participáchedes neste fermoso proxecto que comezou hai 15 anos. Se LUAR NA LUBRE segue aquí é gracias a vos: familia, amigos, colaboradores, programadores, músicos, público…

Gracias, en especial a «ESTRELLA GALICIA», cos que nos imos embarcar nunha longa xira onde amosaremos un anaquiño do corazón de Galicia ao mundo.

Lista de temas