02 Jig-Muiñeira do Miño-Carballesa

Unha jig composta por Bieito Romero con certo aire galés abre o tema para dar paso á vella “Muiñeira do Miño” habitual en moitos repertorios gaiteirís e como remate unha Carballesa de ritmo moi alegre posiblemente emparentada coa coñecida “Carballesa do Incio”.