06 Dona Alda

(Cancioneiro galego de Casto Sampedro y Folgar – Bieito Romero – L.N.L.)

Romance tradicional recollido no Cancioneiro de Casto Sampedro y Folgar ao cal lle engadimos a nosa música e arranxos.

A cazar saiu Don Pedro
A cazar como solía, ai!
Os cans xa levaba cansos
Don Pedro máis canso ía, ai!

Chegou ao medio da serra
Para a casa se volvía
Chegou á porta da casa
Esmorrente se caía

-Fágam’a cama, mi madre
fágam’a cama mi vida,
que vou para a vida eterna
que vou para a eterna vida

– Non digas, iso meu fillo
Que está Dona alda parida
-Non digan nada a Dona Alda
hastra dún ano e un día

Os días foron pasados
Dona Alda nada sabía
Compriras coarentena
Día de pascoa florida