Esta danza de palillos, foi moi popular en Anceu, (provincia de Pontevedra) aprendémola do Cancioneiro de Casto Sampedro. Parece ser que nese pobo hoxe en día aínda é unha danza viva. Nós fixémoslle un arranxo en tonalidades / maior e menor para darlle un efecto menos receptivo. A segunda das pezas é una foliada tradicional das que se poden escoitar en calquera recuncho do noso país, nós escoitámoslla a un pescador en Pontedeume.
Carmela berrou con chindo
na carballeira de abaixo
porque lle picaba un toxo
que levaba no refaixo
dame Carmela
un bico pequeño
non cho dou queridiño
teñoche medo
teñoche medo
medo che teño
dame Carmiña, Carmela
un bico pequeño
O rebular con Carmela
Chindo perdeu as polainas
e xa que ten outras novas
non quere mais rebuldainas
BIS
Se queres que vaia e veña
Carmela ao teu lugare
has de prender a cadela
que non fai mais que ladrare
BIS