(Martín Codax)
Outra das 7 composicións do xoglar vigués Martín Codax, denominadas como “Cantigas de Amigo”, auténticas xoias da nosa música e lírica medieval. Neste caso contamos coa voz dun dos grandes da canción galega, o mestre Miro Casabella.
Quantas sabedes amar amigo,
treides conmig’a lo mar de Vigo
e bañarnos emos nas ondas.
Quantas sabedes amar amado,
treides conmig’a lo mar levado
e bañarnos emos nas ondas.
Treides conmigo a lo mar de Vigo
e veeremo-lo meu amigo
e bañarnos emos nas ondas.
Treides conmigo a lo mar levado
e veeremo-lo meu amado
e bañarnos emos nas ondas.