7. Canción da noite do afiador

Melodía clásica do folclore británico chamada orixinalmente “Greensleaves”, moi popularizada internacionalmente a través de diferentes versións. A lenda di que foi composta polo Rei Henrique VIII de Inglaterra (1491-1574) para a súa amante e raíña consorte, Ana Bolena. Neste caso, a letra é do biógrafo e poeta lírico ourensán Augusto Casas Blanco, quen con gran lirismo lla dedica aos afiadores.

Colaboracións:
Víctor Manuel Sanjosé – VOZ
Coral de Ruada – CORO
Nani García– TECLADOS


Letra:
Augusto Casas Blanco.

Saudade para os teus ollos…
Para os teus pasos, saudade…
A vida é un longo camiño
para os teus días errantes
i-onde o teu corazón soña
xira a roda, noite avante…
Voltas qu´a noite moceira
dá a túa roda de saudades!

As estrelas coñeceron
a túa door de camiñante,
i-unha a unha, cada estrela
frorecen para acenarte…
Sonou o teu asubío
tan fondo na noite amante
que voltou com´unha roda
a copa de cada árbre!