(Tradicional – Nani Garcia – L.N.L.)
Fermoso romance anónimo galego aprendido do repertorio de D. Faustino Santalices
Camiña Don Sancho
mañanciña fría,
a terra de mouros
a librar cautiva.
Naveira da fonte
da fonte vellida,
as vendas de liño
lavaba mociña.
De terra de mouros
Don Sancho volvía,
Ai!, alma da fonte
deixaba cautiva.