Ao Vivo

Despois de 24 anos percorrendo os cinco continentes. Despois de 26 países visitados. Despois de dar as grazas en 12 idiomas distintos… Era o momento de publicar o noso primeiro CD/DVD en directo. Un agasallo para o noso público e un testemuño para toda a xente que participou como espectador nos nosos máis de 800 espectáculos, e que contribuíron para que LUAR NA LUBRE sexa actualmente, o que é: un dos grupos internacionais máis importantes da música celta.

LA MÚSICA DE LA LUZ

Alguén dixo que a misión dun artista é botar luz no máis profundo do ser humano. Se é así, que non o poño en dúbida, Luar na Lubre leva 24 anos iluminando coa súa música camiños e vereas, asociándose coa paisaxe humana e o ámbito ambiental de Galicia a través dunhas variacións de intensidade e colorido emotivo rítmico e melódico que resultan sempre estimulantes.

Por se iso fose pouco, o carácter dinámico, o poderío lumínico da súa música, é sempre todo un desafío para os miles de seguidores que gozan dela. Aquel “raio de luz de lúa” que os iluminou nos seus inicios no bosque sagrado da música tradicional galega, converteuse, por obra e graza do seu radiante poder calirífico, nunha enerxía renovable que os nosos sentidos poden percibir de xeito directo.

Hoxe, Luar Na Lubre son fonte de enerxía musical. Mike Olfield “bautizounos” en 1996 como “o grupo do sol”, e ao tema O son do ar chamoulle “a canción do sol”, cando recibiu o impacto do seu poder térmico. Aquí están “Ao vivo”, que é sempre unha experiencia e un momento incomparábel, especial, para sentir e facer sentir distintas emocións e sensacións a través desas cancións que iluminaron o seu camiño e o segue facendo máis alá da “fin da terra”.

En vivo e en directo. Adóitase dicir e afirmar que os músicos dan o talle, a súa verdadeira dimensión artística nos concertos. Escóitenos e véxanos,… ¡ síntanos!… gocen das vantaxes da luz natural, da súa música e das súas cancións, pezas que forman parte da colección permanente dunha historia que continúa. Señoras e señores, con Vds…¡ Luar na Lubre ao vivo!

Nonito Pereira

Este CD/DVD foi gravado “ao vivo” no Teatro Colon de A Coruña os dias 22 e 23 de Xaneiro de 2009 coas unidades móbiles dos estudos “BRUAR” e “MUSIKOLHA”.

Bieito Romero e Xabier Ferreiro foron os productores artísticos deste traballo coa inestimábel colaboración de todos os membros do grupo.
É unha producción para Warner Music coordinada por Sergio Cruzado de Gin&Tonic Producciones.

As mesturas foron feitas nos estudos “BRUAR” de A Coruña por Xabier Ferreiro entre os días 01 e 20 de Febreiro.

Técnico de gravación e mesturas: Xabier Ferreiro.
Técnico asistente: Nicolas Vieites.
Técnico de son: Jean Bernard Barrenquy
Técnico de Monitores: Anxo García Saavedra
Técnico de escenario: Kittu Laskaray
Técnico de luces: Gabriel Alvarado
Técnico de audiovisuais: Sendoa Lusarreta y Roger
Fotografía disco: Iñigo Ibáñez
Prensa: Beatriz Rodríguez
Produción convidados: Mikel Saldise
Fotografía audiovisuais: Xurxo Lobato y Sendoa Lusarreta
Documental / DVD: Debolex Films

Coa colaboración do Departamento de Turismo do Concello da Coruña, Fundación Caixagalicia, CRTVG e o noso agradecimento especial a Henrique Tello.
Queremos adicar este traballo a todas as persoas que nos axudáchedes co voso ánimo, a vosa palabra, o voso apoio e a vosa presencia durante estes 24 anos. Ás nosas familias, amigos, músicos que participáchedes no proxecto, técnicos que colaboráchedes nos espectáculos, programadores públicos e privados, organismos, axencias, xente de Warner, periodistas aos que vos roubamos tempo, e, sobre todo, ao noso público. Sen vós nunca teríamos chegado ata aquí.

Luz Casal aparece por cortesía de Emi Music Spain, S.A.
Ismael Serrano aparece por cortesía de Universal Music Spain, S.L.
Diana Navarro aparece por cortesía de Trimeca Estudio y Producciones, S.L.
Pedro Guerra aparece por cortesia de Mansi Producciones, S.L.

Lista de temas