Extra Mundi

Luar Na Lubre viaxa neste novo traballo, sen perder a esencia de seu, polo extramundi na procura de polifonías que esconxuren as tebras da alma e docorpo. Dende o cabo do mundo fía coa roca do tempo un paraíso musical novo, unha espiral de voces e culturas, unha arañeira tecida cos finos fíos doson do ar, un mundo de saudade máis aló deste mundo, onde o respecto ádiferenza guiase o noso camiñar. Unha sentida homenaxe a todos os pobosque acolleron ao grupo cos brazos abertos ao longo destas décadas de vidae de música.

Luar Na Lubre xunta ao carón do seu lume a diversos pobos e culturas através dunha escolma de cinco linguas que, como as cinco puntas dunhapentalfa máxica e astral, cantan unidas na fala universal da diversidade cultural. Pero esta viaxe extramundi —fóra do mundo— pode ser tamén,segundo a etimoloxía, unha viaxe austromundi, é dicir, cara á protección(-mundi) que vén do leste (austro-). Xa que logo, embarcámonos da man deLuar Na Lubre nunha romaxe na procura da luz celeste do amencer. Unhatravesía polas milenarias xeografías astrais valedoras contra a temida noiteda homoxenización e da aculturación. Unha viaxe sonora e intensa dende aterra de poñente cara ás terras do nacente, sempre guiados polo compás dasforzas protectoras e universais da música. A única lingua que non entendede mundos nin fronteiras.

Rafael Quintía Pereira
Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega

Este C.D. foi gravado nos Estudos “BRUAR” de A Coruña no mes de Outubro do 2015.

Bieito Romero e Xabier Ferreiro foron os productores artísticos deste traballo coa imprescindibel colaboración de todos os membros do grupo.

As mesturas foron feitas nos Estudos “BRUAR” de A Coruña por Xabier Ferreiro e Jean Bernard Barrenquy.

Gravacións adicionais:
Mans – Estudio de gravación: Coral de Ruada.
Asistente de gravación: Jorge Criado.

Técnicos asistentes:
Nicolás Vieites, Maximilian Ferreiro, Julia Huertas.

Colaboracións:
Coral de Ruada: 6 , 8 , 11 , 13 .
Nani García, teclados : 2 , 8 , 10 , 14 .
Grup de Dolçainers i Tabaleters “La Degollà” d’ Alcoi: 14 .

Patxi Bermúdez e Xabier Ferreiro tocan con tambores tradicionais e Bodhram cortesía de Requena Percusión.

Deseño gráfico e ilustracións: Estefanía Domínguez Cagigao.
Fotografías: Estefanía Domínguez Cagigao e Manuel López “Akin”.

AGRADECEMENTOS: Jean Bernard Barrenquy, Lilo Phagaburu, Olga Gómez Velasco, Carlos Gil, Escuela de Músicos, Coral De Ruada, Obradoiro de gaitas e percusión J.R de Carballo, Rafael Quintía Pereira, Raquel Gamallo, Mans Estudio de gravación, Guillermo Vergara, Musikolha, Federico Ortega, Rocío Castro, Chus Diéguez, Alberto Fernández, Francisco Sánchez “Fran Chino”.

É unha producción para Warner Music coordinada por Maruchy Suárez.
www.mirmidon.es

Lista de temas