03 Uah lúa

(Folla do Visgo)

A través da súa páxina web, Luar na Lubre tivo a feliz idea de promover un concurso de letras entre os seus seguidores. A resposta foi espectacular: de pronto, o octeto atopouse con case 300 poemas en galego, castelán ou inglés chegados de medio mundo.O remitente de Uah lúa chámase Eliseo Mauas Pinto, un arxentino , fillo de emigrantes galegos que, ademais, exerce de arpista e instigador do celtismo hispanoamericano. O grupo moldeou o texto cunha música francamente peculiar, que mistura o tribalismo dos indios americanos coa waulking songs (canciones de lavandería) escocesas ou os cantares de seitura galegos, aqueles que se entoaban durante a sega do trigo ou o centeo.

Uah lúa, sagra lua
Uah branca, sagra lúa
Uah lúa, branca lúa
Uah sagra, branca lua

Collerei folla do visgo
É a noite de San Xoán
Brada o porco nos outeiros
Os carballos bruando están.

Bebe moza á meia noite
A frol da i’auga pura
Colle da herba preñadeira
Orballo para a fermosura

Alumean as fogueiras
As lembranzas do meu clan
Deses bravos q morreron
Por Kalaikia, seus irmáns