07 Corme

Gravación con moita historia as súas costas e a banda sonora dun homenaxe a dous veciños de Corme (A Coruña), o percebeiro Paco e a súa muller Fabiola, que deixaron o pelexo polo seu pobo trala catástrofe do Prestige, enfermaron de pura tristeza e, abatidos pola magnitude da traxedia, acabaron deixándoo todo e pondo rumbo a Nicaragua.
Luar na Lubre participou en febreiro de 2003, xunto ós vascos Oskorri e os asturianos Felpeyu, nun concerto en Corme do que saiu esta emotiva peza.