Os alalás son un dos maiores tesouros da tradición oral galega, un estribillo ancestral que, de puro arcaico, a veces deixa no padal un regusto a música sacra. Ésta é a versión instrumental dun alalá de Ribadavia (Ourense) que relataba o traballo dos barqueiros que pasaban á xente dunha marxe a outra do río Avia. Constitúe a segunda incursión do grupo no xénero, xa presente en Cabo do mundo, 1999.