Achégate é un clásico por excelencia do folclore galego, unha desas cancións que, como di Bieito Romero, “en canto alguén comenza a entoar en público, ten xa ao bar enteiro facéndolle os coros”. Non obstante, apenas existían gravacións desta melodía celebérrima, unha peza da que se coñecen versóns nas cuatro provincias do país. A lectura de Luar na Lubre, cuns arranxos particularmente delicados e Rosa Cedrón poñendo ol resto frente aol micrófono, constitúe un dos momentos máis máxicos do disco.
ACHEGATE A MIN MARUXA,
ACHEGHATE MORENIÑA
TU HAS SER MIÑA MULLER,
TU HAS SER A MULLER MIÑA.
E SI VAS Á HERBA,
HEITE DE IR A VER
DAREICHE UN ABRAZO
AI!!! MARUXIÑA DO MEU QUERER
UN ABRAZO NON
QUE NOS VE MEU PAI
E DESPOIS NA CASA
MEU QUERIDIÑO
VAIME BERRAR
ACHEGHATE A MIN MARUXA,
ACHEGHATE MORENIÑA
EU QUERO CASAR CONTIGO,
SERÁS MIÑA MULLERIÑA
E SI VAS Á HERBA
HEITE DE IR A VER
DAREICHE UN ABRAZO
AI!!! MARUXIÑA DO MEU QUERER
ESTRELIÑA DO LUCEIRO, TI BEN O HAS DE SABER
¿CANTAS HORAS TEN A NOITE DENANTES DO AMANECER?