“Se aínda existen os druidas, Emilio Pando é un deles”. Con este entusiasmo refírese Romero a este carteiro xubilado de A Fonsagrada (Lugo), gaiteiro ilustre, dinosaurio venerable da música galega e introductor do birimbao que aprendeu de seu pai, frautista, a fermosa melodía coa que Luar na Lubre remata agora a faena deste oitavo disco. Culmina así un episodio máis na transmisión dun patrimonio precioso que, doutro xeito, podería ter acabado os sues días nos brazos do esquecemento.