05 No mundo

Un día, bromeando no estudo sobre a súa querencia polos cambios de ritmo ou as suites de complexa estructura, os integrantes deLNL decidiron gravar un tema enérxico, dinámico e divertido “que transcurrira igual de principio a fin”. O froito daquela determinación son estos dous fugaces minutos de alborozo e boa xera. A melodía tomouse prestada dla tradición británica e o texto, fiel ó espírito combativo de todo ol disco, proponse abolir a indiferencia e “abrir os ollos” ante a realidade, tantas veces descorazonadora, deste mundo canalla.

NO MUNDO HAI TRES COUSAS QUE ME POÑEN MAL
AS GUERRAS, A FAME E A DESIGUALDAD(e)
NON SEXAS PASIVO E MÓVETE XA
AINDA HAI ESPRANZA, DEVEMOS LOITAR

COAS GUERRAS FRACASA A HUMANIDAD(e)
É UNHA CONSTANTE DE VOLTA PARA ATRÁS
MORTE, ENFERMIDADES E DESOLACIÓN
LEVÁNTATE, MÓVETE E DEIXA O SILLÓN

DA FAME, QUERIDOS, QUE VOS VOU DICER
MILLEIROS DE NENOS NON TEN QUE COMER
EN ASIA, AMERICA OU EN AFRICA
POLO BEN DO MUNDO SOLIDARIDAD(e)

EN ASIA, AMERICA OU EN AFRICA
POLO BEN DO MUNDO……