02 O meu país

LETRA: Xoan Manoel Casado
MUSICA: Miro Casabella.

O gran Miro Casabella, unha das máis emblemáticas “Voces Ceibes” (Voces Libres) que axitou a conciencia galeguista durante os estertores do franquismo, gravou en 1977 esta fermosa balada para o seu prmeiro LP, Ti, Galiza.Aquel disco xamais coñeceu edición dixital e hoxe en día é un tesouro de case imposible localización, pero segue ocupando un lugar privilexiado na moi notable colección particular de Bieito Romero. A xovencísima cantante portuguesa Sara Louraço Vidal, un afortunado descubrimento do grupo, é a encargada de recrear xunto con Rosa Cedrón esta melodía con ese regusto infinitamente melancólico do fado.

O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan.
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.

Q quece na lareira,/ alo na carballeira
Bota a rir.
E unha folla no vento/ alento e desalento,
O meu país.

O meu país/ tecendo a sua historia,
Muiñeira e corredoira / agocha a sua verdá
O meu país/ sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar

Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures,
O meu pais.

O meu país/ nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía/ nun vello en un rapaz.
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar.

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir.
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país.