01 Hai un paraiso

(Marcha dos Pelegríns)

O primeiro single do álbume resultou ser este rendido canto de amor e admiración pola terra, unha contaxiosa melodía que tamén conquistou á organización do Xacobeo 2004 e se converteu no xubiloso himno da peregrinaxe a Compostela. Hai un paraísosoa en toda España ó principio, durante o intermedio e ó final dos partidos de fútbol, así que agora xa só faltaría pechar o feitizo cun triunfo ligueiro do Dépor…

Hai un paraiso nos confíns da terra,
Hai un paraiso ao que guian as estrelas.
Hai un paraiso nos confíns da terra ,
Hai un paraiso ao q guian as estrelas.

Por sete camiños chegan ata aquí
Por sete camiños, son os pelegríns…

Hai un paraiso nos confíns da terra,
E a cidade santa chamase Compostela.
Hai un paradiso nos confíns da terra
E a cidade santa chamase Compostela….

Por sete camiños chegan ata aquí,
Por sete camiños, son os pelegríns…

Meu Señor Santiago que estás en Galicia
Dende todo o mundo veñen con ledicia….