13 A barca de pedra

(Tradicional-LNL)

Os Alalás son unha das expresións máis antigas da música galega, sen métrica e moitas veces sen letra son cantados dun xeito que ás veces chega a estremecer polo seu sentimento. Este é un Alalá moi antigo procedente de Muxía que fala de cómo a Virxe chegou a estas terras nunca barca de pedra e tamén dos rituais de carácter ancestral que rodean este culto de tempo inmemorial.


Nosa Señora valeime.
Nosa Señora da Barca,
Nosa Señora valeime.

Estou no medio do mare,
Non hai barqueiro que reme.
Non hai barqueiro que reme.
ai la le lo, ai la la lo

Ten o camarín de pedra.
Nosa Señora da Barca,
Ten o camarín de pedra.

Ben o poidera ter de ouro
Nosa Virxen si quixera.
Nosa Virxen si quixera.
ai la le lo, ai la la lo

Eu fun abala-la pedra.
Eu fun abala-la pedra.
A pedra fun abalare.

Eu fun abala-la pedra
Que está á beiriña do mare.
Que está á beiriña do mare.
ai la le lo, ai la la lo