07 Meighallo

(Tradicional-LNL)

Tema en dúas partes de orixe tradicional, a primeira é unha cantiga secular procedente de Malpica (A Coruña) con cadencias moi particulares que a relacionan con certos aires do Magreb, e despois dunha ponte con ambiente claramente árabe, entra a segunda melodía que é unha danza procedente de Sta. María de Oirós (Pontevedra) que de novo nos trae á terra.

salín de Corme con día
anoiteceume en Carballo
ás fillas da miña nora
que lles quiten o meigallo

ai la le lo, ai la la lo

por ir de noite caín na lama
por unha nena que namoraba
foi pola noite, se vou de día
ca peleaba mais non caia

veño da Virxe da Barca
vou para a Virxe do Monte
barqueiriño de Muxia
pásame antes que sea noite

ai la le lo, ai la la lo

malpica dos meus amores
o rei quixote vender
para vender a malpica
moitos cartos hai que ter

ai la le lo, ai la la lo