03 Maria Soliña

(C.E.Ferreiro-Tradicional-Bieito Romero-LNL)

Personaxe histórica que viviu na península do Morrazo no intre no que as invasións turcas e berberiscas máis asediaban esta zona, foi unha das moitas mulleres que fixo fronte a ditas invasións. Acusada de practicar bruxería pola Inquisición sería posteriormente presa e torturada, morreu de loucura fame e miseria pero converteuse nun símbolo do pobo, sobre todo para as mulleres, perante o poder despótico.

Polos camiños de Cangas
A voz do vento xemía:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

As ondas do mar de Cangas
Acedos ecos traguían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

As gaivotas sobre Cangas
Soños de medo tecían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas
Anda un terror de auga fría:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.