14 A viaxe de Ero

(Tradicional-Xan Cerqueiro)

Esta é unha melodía inspirada na lenda de San Ero que conta de como o santo se sentou a repousar baixo unha frondosa arbore co suave arrolo dunha fonte clara que o acompañaba, pechou os ollos mentres rezaba e da arbore sentiu un agradable canto dun paxariño que extasiou ao monxe e crendo que foran uns minutos os que pasara escoitando aquel canto na realidade foran 300 anos…