05 Canto de andar

(Bieito Romero-LNL)

Canción inspirada nas antigas cantigas galaico-portuguesas e nas tradicións musicais bárdicas do Atlántico.
E seguiremos por sempre nas terras do alén camiñando cara o mar maior…

amence paseniño nas terras do solpor
as brétemas esváense coas raiolas do sol

meu amor, meu amor, imos cara o maior
miña amada, meu ben, imos polas terras do alén

acariña o silencio e escoita o corazón
que moitos dos teus soños latexan ao seu son

é tempo de camiño andar e de non esquecer
que o futuro que ha de vir é o que has de facer

e o sol vai silandeiro deitándose no mare
facéndonos pequenos con tanta inmensidade