(Xabier Cordal-Bieito Romero-LNL)
Ven, miña mai, ao cabo Ortegal,
baila na festa da ermida do Trebo.
Se vés comigo heite levar
na proa do mundo perder o medo.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Se vés comigo heite levar
patria vella, norte mariñeiro.
Lava a ferida, cóntame o mar,
fala que dorme, nós espertaremos.
Volve a Centeás, escribe este orballo
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Lava a ferida, cóntame o mar,
roupa ao clareo espiras na fonte.
Nada unha nena na luz do Peiral,
lévame a vida arribar da túa morte.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Volve a Centeás, escribe este orballo.