Camiños da Fin da Terra

INTRODUCIÓN

SE AS CIDADES SON LIBROS QUE SE ESCRIBEN COS PÉS, a historia de Galicia é unha sinfonía xurdida da vontade de Luar Na Lubre.

E aquí si cómpre explicarse, porque temos a fortuna de gozar dun dos colectivos musicais máis interesantes que poidamos soñar, capaces de espertar os personaxes que marcaron a identidade e o devir, e recuperar as paisaxes polas que transcorreu esta historia anterior a nós.

A fin de contas, hoxe non existe ningún galego que non se sinta filla ou fillo de Breogán e que non albisque o horizonte na mesma dirección e coa mesma paixón que Ith, aínda sabendo que as lendas populares poden ser ou non ser.

E se non, escoita!….O seu son empúrrate e mergúllate nas historias máis incribles acontecidas en terras galegas e na imaxinación das súas xentes: LUAR NA LUBRE…

E todo en décimas de segundo!!!….O Luar racha a terra e percíbese un ritmo xordo de percusión profunda que é o pandeiro do amigo que xa non está, é o son do dolmen, o antigo ritmo da semente transformada na espiga do eterno labrego neolítico que todos levamos dentro… A Lubre, bosque sacro que utilizaban para realizar os seus ritos.

E, na súa conxunción, un ritmo interminable, o ritmo do mar, das ondas e mareas, coa lúa a marcar o tempo e transformarse en pedra, a facerse onda nos círculos que o cruzan, aparecen entón os seus ocultos misterios para sempre. Entre o Luar Na Lubre, os círculos concéntricos marcan o ritmo das ondas e das mareas, o da pedra e o tempo, o da vida e a morte, rexurdindo o principio e fin da existencia a través do ritmo da auga esvarando sobre a pedra. E así, entre tanta aldrabada á vida, pasan lúas e máis lúas., mentres no plenilunio os homes dos castros succionan cervexa ritual, bailando cun só pé e lanzando aturuxos ao ar, mentres unha moura peitea os seus cabelos louros e unha serpe espera os nove bicos que abrirán o grande tesouro a aquel que saiba descifrar a mensaxe da lúa e teña a virilidade de pasar as probas sen caer no terror, ao tempo que, dende o alto, dedícalle o seu sorriso aos sete pitos de ouro.

É esta outra lenda da identidade cultural galega, sempre presente nos traballos de profundidade deste grupo coruñés, xurdido no 1986 e que sempre entendeu a música como un dos factores máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego. E, engadindo influencias positivas e composicións propias , a identidade musical da súa terra
aparece como un tesouro legado e enriquecido: a irmandade e relación entre os pobos celtas, o vello culto ao sol, a muller dona da fertilidade, raíña do mar e do ventre na novena onda, outra vez o mar e o pintor Urbano Lugrís, a emigración e o exilio americano, a responsabilidade do presente e a esperanza no futuro. Son temas case monográficos emprendidos por estes oito músicos verdadeiramente comprometidos coa súa Galicia ata límites insospeitados na arte da música deica as súas primeiras obras na entrada da época dos 90.

E, agora, a piques de despedir o dous mil sete, embárcanse noutra aventura musical apaixonante como é esta dos camiños da fin da terra, achegándonos as claves dos movementos que conforman a identidade galega, máis de unha ducia de cancións que aportan unha enorme sensación de mar, terra e beleza, de imaxes suxestivas e cómplices con eles mesmos, porque o feito de estaren situados nun dos confíns máis occidentais de Europa, marcou o comportamento das súas xentes e mantivo tradicións ancestrais.

Cancións como «Britonia» unha parte dos celtas bretóns expulsados das illas británicas chegaron ás costas galegas fundando o famoso bispado-provincia; «O son das augas», un xesto recoñecido ás augas que manan de fontes e montañas, dos ríos e ata do ceo; «A barca de pedra», un alalá moi antigo que narra como a Virxe chegou a terras de Muxía nunha barca de pedra; «Os Animais», o gran diluvio e a Arca que portaba animais e navegou e navegou ata embarrancarse nun monte da actual Noia, unha canción de orixe irlandesa; «María Soliña», un dos personaxes históricos femininos torturada pola inquisición e que significou un símbolo exemplar para o pobo; e entre outras cancións e pezas tradicionais, «Centeás», un sentido homenaxe ás conserveiras, redeiras, labregas e lavandeiras comunais, en definitiva, ás mulleres traballadoras dunha Galicia que muda a pasos axigantados.

Iñaki Peña
Director de «Trébede»
Radio 3 – RNE

AGRADECEMENTOS

Aos alumnos da «Escuela de músicos», A Carlos Gil, Sergio Delgado, Nani García, Miguelanxo Prado, «Mans» estudios de gravación, Roberto Morlán, Rosalía e Guillermo, Carlos Maceiras, Xesús Villares, Chus Dieguez, Fernando Blanco, Raquel, Nico, Anxo, Gabi, Barrabás, Luís Soto, Nonito Pereira, Pablo Portabales, X.R. Vizoso, Xavier, Rosa e Simón de «Rodarte», ao concello de Catoira e os vikingos, á xente de Warner (Kiko Fuentes, Alfonso Pérez, Paco Gamarra, Alfonso Delgado, Enrique Magaz…) Gintonic, Xacobeo, denetik e Nordesia . E por suposto ás nosas familias e amigos xa que sin eles todo esto sería imposible.

COLABORADORES

DIEGO ZECHARIES– Contrabajo «Os Animais»
ALFONSO MORAN– Contrabajo «Centeás», «Maria Soliña», «A fonte das Boliqueiras», «Danzando nos confíns», «Pousa», «Gerdundula»
RUBEN MONTES– Chekeré «Centeás», tambores Batá «Danzando nos confíns»
ANDREA SEKI– Arpa Celta «Canto de andar»
MIGUEL CABANA– Batería «Os Animais», tambores Batá «Danzando nos confíns»
FERNANDO VILLAR– Teclados «Canto de andar», «Ecos do Alén», «O Son das Augas», «A barca de pedra», «Maria Soliña»
MIGUEL QUEIXAS– Tambores Batá «Danzando nos confíns»
WAFIR GIBRIL– Ud «Maria Soliña», «Meighallo»
Ricardo Seixo, Pachote, Pepe Campos, Daniel Alberto, Carlos Seixo, Rafa Seixo, Andrea Seixo, Sonia Seixo, Asun Seixo, Carmen Carballo- Coro «Maria Soliña», «Meighallo», «Pousa», «Os Animais»

Bonus track (DVD «Os animais»)
Produtora: Rodarte S.L.
Realizador: Simón Vazquez.
Cámaras: Jaime Fernandez e Serafín Barros.
Coordinación e produción: Rosa López.
Foto portada e interior: Xavier Belho
Fotos interior: Bieito Romero.

Este CD foi gravado e mesturado nos estudios BRUAR de A Coruña no Verán do 2007.

Técnico de son: Xavier Ferreiro «Man».
Asistentes de gravación: Nicolás Vieitez e Fran Porto excepto «Canto de andar» que foi mesturado por Mikel F. Krutzaga nos estudios Musikart.
Producción artística: Luar Na Lubre.

É unha produción para Warner music coordenada por Sergio Cruzado.

Lista de temas